jueves, 12 de junio de 2014

TEATRO: " BRANCANEVES". C.E.E. XOÁN XXIII. CANGAS.

O pasado xoves, 5 de xuño, o alumnado do Centro de Educación Especial Xoán XXIII de Cangas, ofreceunos unha actuación teatral.
A obra era "Brancaneves", pero non o conto clásico. Contaban o que pasaba na historia despois,cando o príncipe a leva ao seu palacio.
Ela ten que aprender a ser unha princesa: vestir de forma axeitada, levantar o dedo ó tomar o té, andar
de forma solemne, bailar como o fai o resto da corte...Pero Brancaneves non está contenta.A ela gústalle correr polo campo cos animaliños, non levar coroa nin traxes reais, e non quere toda esa etiqueta.
A representación gustoulle moito a todos, xa que a seguiron con moita atención.
Fixérono moi ben con xestos,sonidos,e movéndose todo o tempo.
Agradecémoslles a visita e o pasalo moi  ben durante toda a función.



















No hay comentarios:

Publicar un comentario