jueves, 12 de junio de 2014

EXCURSIÓN DE FINAL DE CURSO DEL PRIMER CICLO DE PRIMARIA.

Hoxe, xoves 12 de xuño, fomos de excursión, 1º e 2º de primaria.
Saímos do colexio e nos diriximos á fábrica de frutos secos EL NOGAL, no concello de Campo Lameiro.
Alí,cos monitores, visitamos toda a fábrica.
O primeiro foi poñernos gorros e batas,que nos proporcionaron alí. Os nenos/as alérxicos ós froitos secos, tiveron que poñer, ademáis, luvas e mascarilla ( xa os levavamos do colexio).
A visita consistíu en ver, primeiro un breve vídeo sobre os produtos cos que traballan, a súa procedencia,transporte,almacenaxe,distribución...
Despois,empezamos a visita á fábrica.
Entramos na cámara frigorífica (xigante e na que estabamos "fresquiños"), onde se almacenan as materias primas que chegan de diversos países.
Seguimos, para ver a elaboración dos produtos. Vimos as máquinas de fritir, os hornos grandísimos de tostar, o empaquetado, selección dos produtos,etiquetado...
A seguinte nave era a de almacenaxe dos produtos elaborados, para a súa posterior distribución.
Eran uns andeis enormes cheos de caixas listas para saír.
Ó rematar, fomos ver os petroglifos e o castro de Penalba.
Camiñamos un pouco polo monte e chegamos ós petroglifos. O monitor explicounos o que estabamos a ver claramente ali, debuxos xeométricos e un cervo.Despois a muralla do castro,que ten 2.700 anos.
Chegou a hora de comer e tiñamos un sitio perfecto,cuberto e fresco. Fixo moito calor todo o día.
Xogamos un pouco e saímos para o Museo de Pontevedra.
O guía explicounos de forma moi divertida a prehistoria: vida,armas,moedas,utensilios...e vimos algúns que hai no museo.

PASÁMOLO XENIAL,PEQUENOS E MAIORES!!! E APRENDEMOS MOITÍSIMO DE TODO!!!
 
 


















































No hay comentarios:

Publicar un comentario