jueves, 29 de mayo de 2014

VISITA DO ESCRITOR MARCOS CALVEIRO.

E o mércores pola tarde, visitounos Marcos Calveiro, autor de " O pintor do sombreiro de malvas" (entre outros títulos que ten publicados).
Na súa interesante charla, estivemos un bo grupo de persoas entre nais,pais e profesores do centro.
Explicounos de forma moi amena e clara,boa parte da vida do pintor Vincent van Gogh, xa que é sobre quen trata o seu libro.
Foi contando como se documentou sobre o pintor para escribilo, e con imaxes, iamos vendo cadros,paisaxes,lugares reais onde vivíu, persoas coas que tratou ...
Ó final houbo preguntas moi interesantes, xa que queríamos... saber máis cousas!.
(Disculpade a calidade dalgunhas fotos, xa que son das imaxes proxectadas na pantalla).















 
 
  
 

VISITA DE LUÍS DAVILA.

Onte, mércores 28 de maio, tivemos pola mañá, a visita de LUÍS DAVILA.
Aprendemos moitísimo de velo facer eses preciosos debuxos.Nós pedíamoslle os animais que nos gustaban, e el facíaos tan facilmente que semellaba que era sinxelo.A nós parécenos moi difícil.
Fíxonos tres carteis de animais:de granxa, salvaxes e mariños.
Cada vez que ven, aprendemos cousas novas. Gústannos moito as súas visitas!.

























CUENTACUENTOS.

O luns 26 de maio, tivemos na bibliioteca do colexio, a dúas mamás de dous nenos de primeiro curso.
Viñeron a contarnos un conto moi entretido, e ademáis iamos vendo no teatriño todos os personaxes que saían nel. Os títeres eran moi divertidos e bonitos.Moitos peixes, un barco, algas... Gustounos todo moitísimo !.Gracias mamás !.