martes, 26 de febrero de 2013

ROSALÍA DE CASTRO


Este ano conmemóranse os 150 anos da publicación de "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro. Se pinchas neste enlace es.wikipedia.org/wiki/Rosalía_de_Castro podes saber un pouco máis sobre a súa vida. No noso cole invitamos a Guille, que nos deleitou cunha alborada. No Blog da biblioteca http://bibliomontemogos.blogspot.com.es/  está a súa actuación.
Despois na hora de ler, os nenos maiores convertéronse en "padriños rosalianos" e "madriñas rosalianas" . Fixemos equipos e traballamos todos xuntos os poemas de Rosalía. Aquí tendes unhas fotos para recordar ese momento tan interesante e divertido.



martes, 5 de febrero de 2013

Preparando o entroido

Qué traballo nos deron as medusiñas!
Aquí tedes unhas poucas fotos dos preparativos do noso disfraz. Xa veredes os resultados o próximo venres ás 12:00, se vos animades a seguirnos no desfile polas rúas de Beluso.

Despois de tanto traballar, saímos á rúa. O día estaba precioso pero...con moito vento. Tivemos que lidiar con él para que non nos levara as medusas polo aire.